O Valadouro acollerá o sábado a XXXIV Feira do Mel

AMariñaXa
O vindeiro , sábado 9 de outubro celábrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.
feira mel valadouro 2021 1
5 Out 2021

O vindeiro , sábado 9 de outubro celábrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.
Nesta ocasión, a feira ubicarase na Praza de Santa María e a rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castañá e produtos de tempada.

Nesta edición e en colaboración coa hostalería local organízase unha ruta de tapeo polos distintos locales e entre todos os participantes sortearase un premio.

Ademáis, tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero, Os irmáns de América , animación de rúa, xogos pola tarde para público infantil e moitas máis cousiñas.

Entre os asistentes á feira, realizaranse dous sorteos con dous lotes de produtos da feira.

feira mel valadouro 2021
0.23748993873596