O Valadouro acolle unha gala benéfica o domingo 5

AMariñaXa
O Grupo Humorístico Trípode en colaboración co Concello do Valadouro, organizan unha gala benéfica o vindeiro domingo 5 de febreiro ás 18.00 horas
gala benefica valadouro
30 Xan 2023

O Grupo Humorístico Trípode en colaboración co Concello do Valadouro, organizan unha gala benéfica o vindeiro domingo 5 de febreiro ás 18.00 horas. A recadación desta cita será destinada integramente a beneficio de Cáritas Interparroquial Alfoz-Valadouro.

Esta cita será na casa da cultura de Ferreira do Valadouro e contará co grupo de teatro O Centiño de San Martiño de Foz, o cal interpretará De Poucas Luces. Durante o descanso haberá unha actuación de Álex Barreira, de Mondoñedo.

gala benefica valadouro
0.15465497970581