O Valadouro acolle unha charla de Acruga sobre razas autóctonas
AMariñaXa
O salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro acolle unha charla informativa de Acruga sobre razas autóctonas.
24 Xan 2022
O salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro acolle unha charla informativa de Acruga sobre razas autóctonas.
Este vento será o 29 de xaneiro ás 11.30 horas e servirá como preámbulo á III Feira de Razas Autóctonas que se celebrará o 5 de febreiro no concello do Valadouro.
A charla informativa tratará sobre o xenotipado, o funcionamento do libro xenealóxico, as axudas, a páxina web, e outros servizos como matadoiros, gasóleo, etc.
Esta actividade realizarase cumprindo o protocolo anticovid-19 recomendándose a inscrición previa.