O Valadouro acolle un taller de música para nenos durante Semana Santa

A Escola de Música O Valadouro prepara unha proposta especial para os máis pequenos durante as vacacións de Semana Santa. Trátase do I Taller de Música na Semana Santa, unha actividade de introdución musical a través de xogos, contos, manualidades, bailes e interpretación de pezas con instrumentos.
O taller, impartido pola mestra especialista en educación musical Juana García Parga, está dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos e desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O prezo da inscrición é de 30 euros por participante.
Desde a organización destacan que este taller busca fomentar a creatividade e a expresión musical dos máis pequenos dun xeito divertido e didáctico. Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición chamando ao teléfono 674 038 003.