O Valadouro acolle un obradoiro creativo de manualidades

AMariñaXa
O teatro cómico de Isabel Risco e Fran Rei chega ao Valadouro este venres 26 de maio coa peza Dúo Vaguedades.
manualidades pinceles pinturas
manualidades pinceles pinturas
3 Nov 2023

O Valadouro acolle un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal situada no Antigo Matadoiro, a partir do 7 de novembro ás 16.00 horas.

A duración das actividades está prevista ata o 28 de xuño de 2024 e será os martes de 16.00 a 18.00 horas.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09.00 a 14.30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09.00 a 20.30.

Unha vez iniciadas as actividades o, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis persoas interesadas ata cubrir todas as prazas.

As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.

0.13367009162903