O Valadouro acolle un curso defensa persoal
AMariñaXa
O Concello do Valadouro organiza un curso defensa persoal os días 11 e 18 de xuño en horario de 11.00 a 13.00 horas e que será no pavillón.
3 May 2022
O Concello do Valadouro organiza un curso defensa persoal os días 11 e 18 de xuño en horario de 11.00 a 13.00 horas e que será impartido no pavillón polideportivo.
Está dirixido a mulleres e homes menores de 16 anos e é totalmente gratuito polo que haberá límite de inscricións. Para participar será necesario anotarse antes do 27 de maio de forma presencia no Concello ou telefónicamente chamando ao 982 148 153.
O obxetivo de aprender a defenderse nunha agresión e estará impartido Julián Martin (Instructor Nacional Defensa Persoal) asisitido por Alberto Leivas.