O Valadouro acolle a obra 'O Pano' polo 25N
O luns, 25 de novembro ás 12,30 horas na Casa da Cultura do Concello de Valadouro, represéntase 'O Pano' a cargo de Bátega Teatro como reivindicación e homenaxe da loita do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
'O Pano' é unha montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. A autoría e dirección corresponden a Raquel L. Cendán.
Conta a historia de Celia, que habita un espazo atemporal que evoca o século pasado. Vende cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa suavidade porque contrasta coa dureza da súa vida. Casou moi nova, mais o seu matrimonio foi tóxico e difícil. Veremos como afronta Celia esta situación desde a valentía e como reconstrúe a súa vida.
Sau 43 é una muller que fuxiu por una fendedura temporal, vén desde o ano 2040 para traernos una mensaxe moi importante. Ten a misión de evitar que a violencia machista se estenda por cada recanto. Está dirixido especialmente a público adolescente.