O Valadouro abriu o prazo de inscrición para os servizos de Madrugadores e A Tarde máis diver
O Concello do Valadouro vén de abrir o prazo de inscrición para os servizos de Madrugadores e A Tarde máis diver.
O prazo de inscrición estará aberto entre o 29 de agosto e o 5 de setembro de 09.00 horas a 14.00 horas e poderá facerse nas oficinas municipais, Sede Electrónica ou por calquera dos cauces habituais da administración pública.
Para máis información será necesario chamar ao 982 574 000 ou facer consultas a través de medios telemáticos. Considerarase inscrito aquel participante que presente toda a documentación solicitada dentro do prazo establecido.
MADRUGADORES
Este programa desenvólvese en horario de 08.15 a 09.20 dende o 12 de setembro de 2022 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.
Haberá dous horarios de entrada, ás 08.15 e ás 08.45. A entrega de alumnos deberá facerse sempre con puntualidade, non admitíndose alumnos que cheguen ao centro escolar fora do horario establecido.
A TARDE MÁIS DIVER
Este desenvólvese en horario de 16.00 a 19.00 dende o 12 de setembro de 2022 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir a actividades extraescolares ao remate do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co remate da xornada lectiva.
As actividades realizaranse a continuación da xornada lectiva nos horarios de de 16.00 a 17.00, de 16.00 a 18.00 e de 16.00 a 19.00. Hai un total de 20 prazas dispoñibles.
As recollidas dos alumnos deberán realizarse obrigatoriamente con puntualidade á hora de saída que teña estipulada cada alumno. De non facelo así poderán perder a praza no subprograma.