O Valadouro abriu a convocatoria da contratación dun técnico de turismo

AMariñaXa
O Concello do Valadouro informou de que abriu a convocatoria da contratación de persoal laboral temporal para o posto de Técnico de Turismo.
tecnico de turismo
26 May 2021

O Concello do Valadouro informou de que abriu a convocatoria da contratación de persoal laboral temporal para o posto de técnico de turismo.

A modalidade de contrato será a tempo completo e cunha duración de catro meses, sendo en todo caso a data límite de finalización do contrato o 31 de outubro de 2022.

As súas funcións serán colaborar na organización e promoción de eventos no Concello, coordinar a elaboración dun plan de desenvolvemento turístico municipal no que se contemplen actuacións de adecuación do sector e o territorio á situación provocada pola COVID-19.

Tamén asesorará e coordinará o sector no ámbito municipal, fará traballos de información a persoas visitantes, actualizará as RRSS no seu ámbito. E calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior.

Todos os requisitos específicos, así como os méritos alegados para o concurso, deberán ser o certificado de Lingua Galega Nivel 4, o ermiso de conducir clase B e o Grao ou Diplomatura en turismo; técnico superior en información e comercialización turística; técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos; técnico en empresas e actividades turísticas e certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante ou titulacións equivalentes.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no rexistro municipal ou na sede electrónica ata o 1 de xuño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18536305427551