O Valadouro abre os concursos de vestimenta e fotografía

AMariñaXa
O Mercado de Primavera sexa unha edición virtual, que conta con tres concursos nas redes sociais de vestimenta, fotografía e zocas.
concurso vestimenta valadouro
22 Mar 2021

Como xa se anunciara a covid-19 deixará que este 2021 o Mercado de Primavera sexa unha edición virtual, que contará cunha serie de actividades orientadas ás redes sociais. Así, este ano tócalle a XV edición, que será todo nas redes sociais municipais, rememorando os mercados, con vídeos, sketch, fotografías, concursos, etc.

Nesta edición contarán con tres concursos baixo o cancelo #MercadoPrimavera21. O primeiro, que xa está activo dende hai unha semana, será de zocas: con dúas categorías, infantil e adultos. Os participantes terán que decorar as súas zocas e subir unha foto ás redes sociais do Concello, cada unha das categorías terá 4 premios de 200, 100, 50 e 30 eurso, respectivamente. O prazo de presentación remata o 25 deste mes.

O segundo concurso será de fotografías. Os participantes terán que facer ou buscar no seu arquivo unha foto relacionada co mercado de calquera edición e subila ás redes. Haberá 3 premios de 100, 50 e 30 euros. O prazo de presentación tamén está ata o 25 de marzo e o xurado fará público o seu veredito o venres 27. Tamén haverá que usar o cancelo #MercadoPrimavera21 e etiquetar ao Concello do Valadouro.

Finalmente, haberá outro concurso de vestimenta. Os participantes terán que facer unha foto ou buscar en arquivo coa vestimenta de época e enviala ao teléfono 639 317 255 por whatsapp. O prazo de presentación rematará o 28 de marzo ás 15.00 horas e con todas as enviadas subirase un álbum ao Facebook don Concello, onde o público votará pola súa proposta preferida. Haberá 3 premios de 100, 50 e 30 euros.

Todos estes premios consistirán en bonos para gastar no comercio local.

concurso fotografia valadouro
concurso zocas valadouro
0.22641491889954