O valadourense Grande Amore gañou o Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica

AMariñaXa
O valadourense Grande Amore, Nuno Pico, gañou o Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica.
Grande amore
8 Oct 2022

O músico valadourense Nuno Pico, máis coñecido como Grande Amore, vén de recibir na gala celebrada o pasado mércores o premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica.

Grande Amore naceu a mediados do 2019 coa idea de xogar co techno, o rock and roll e o pop dos 80 dende a óptica da música electrónica actual. Ese mesmo ano, edita os seus primeiros singles "Todo ou Nada" e "Esta Cruz", moi influenciados por correntes estilísticas como o Italo Disco ou o High Energy. A mediados de 2021, e logo de diversas colaboracións con artistas como Ortiga, Verto ou Mundo Prestigio, sae á luz o seu primeiro álbum, de título homónimo, no que se mostra máis cercano ao post-punk, o darkwave e os sons industriais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1743381023407