O V Rallye Tierras del Eo de regularidade histórica quece motores
AMariñaXa
Vegadeo prepárase para a quinta edición do Rallye Tierras del Eo de regularidad histórica.
30 Xuño 2024
Vegadeo prepárase para a quinta edición do Rallye Tierras del Eo de regularidad histórica. A cita será o vindeiro 13 de xullo a partir das 10.00 horas. A proba, está organizada polo Automóvil Club Vegadeo, rematará ás 15.00 para dar paso ao xantar e a entrega dos premios.
As inscricións xa están abertas ata o 9 de xullo e teñen un custo de 90 euros. Nese mes tamén se publicará o tramo de calibración e os tramos. Fíxanse tres categorías en función do tipo de vehículos que participan.