O TSXG declara nulo o despedimento dunha traballadora do Concello de Viveiro
O BNG de Viveiro informou sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galicia que declarou nulo o despedimento dunha traballadora do Concello e condena ao Goberno local a readmitila.
Así, o TSXG obriga ao Concello a "readmitila no mesmo posto de traballo, abono dos salarios deixados de percibir coas consecuentes regularizacións e, ademais, unha indemnización por dano moral de 6.500€", di a sentenza.
O TSXG di que o Goberno local “vulnerou os dereitos fundamentais da traballadora, non tendo outra intención máis que desfacerse da traballadora, e dunha maneira un tanto burda”.
A alcaldesa María Loureiro, criticou duramente ao BNG por convocar o pleno extraordinario para que comparecese por" supostas irregularidades laborais, confirmadas agora", din dende o BNG, e "incluso tentou tachar á nosa concelleira, Míriam Bermúdez, de facer política da discordia alardeando no pleno de transparencia e de non ter nada que ocultar”, rematann dicindo.
Desde o BNG de Viveiro "seguimos incidindo en que son numerosos os casos deste tipo nos que a alcaldía de Viveiro provoca contra o seu persoal laboral, denuncias e xuízos que levan consigo gastos moi elevados que son costeados con cartos públicos municipais, aos que hai que sumar os elevadísimos importes das indemnizacións derivadas destas xestións erróneas, ou mal intencionadas".