O Tribunal Supremo confirma a anulación de dous parques eólicos en Mondoñedo
O alto Tribunal rechaza os argumentos de Norvento orientados a evitar que se discutira no proceso a legalidade da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) que analiza o impacto dos parques sobre o territorio.
O Tribunal Supremo ditou dúas sentencias, de datas de 8 e 9 de febreiro de 2022, que anulan os proxectos que serviron de base para a posta en funcionamento dos parques eólicos Sasdónigas, fase I e II.
Así, o alto Tribunal rechaza os argumentos de Norvento orientados a evitar que se discutira no proceso a legalidade da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) que analiza o impacto dos parques sobre o territorio. Sostiña a empresa que non cabe discutir a súa legalidade con motivo da impugnación do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal cando serviu para conceder a autorización para a súa posta en funcionamento dende o punto de vista eléctrico. Sen embargo, o Tribunal Supremo indica nas sentencias que a propia normativa sobre avaliación ambiental “pon de manifesto a inconsistencia do argumento que se fai pola defensa da mercantil recorrente”, concluíndo que “a Administración autonómica non só podía, senón que debía tomar en consideración o contido da DIA”.
Confirma o Tribunal Supremo as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia según as cales “atopámonos coa división artificial dun único parque eólico en dúas fases. Así, no presente caso a DIA debería de ser realizada para o parque eólico incluíndo tamén o denominado Parque Eólico Sasdónigas (coñecido como Fase I) ademais do Parque Eólico Sasdónigas Fase II, posto que esta última carece dos elementos e equipamentos necesarios para ser considerada unha instalación independente da propia Fase I".
Como consecuencia do fraccionamento do proxecto, estima o Tribunal Supremo que tampouco se tiveron en conta os efectos sinérxicos ou acumulativos de sendas fases do parque eólico “en conxunto” que comporta a nulidade da DIA e, como consecuencia diso, dos proxectos que serven de base á posta en funcionamento dos parques.
Confirma o Tribunal Supremo que a DIA tampouco valorou de forma correcta elementos de especial protección, tales como o Camiño de Santiago, un xacemento arqueolóxico e dúas lagoas.
Achaca que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural estima compatible a instalación eléctrica co xacemento ó que afecta, en aberta contradición co Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e do PXOM de Mondoñedo, “que parten da existencia contrastada dun xacemento arqueolóxico ó outorgárselle o máximo grado de protección e a expresa prohibición de calquera uso que no tivera por obxecto a posta en valor do ámbito protexido
Por outra parte, confirma o Tribunal Supremo a ilícita afectación ó Camiño de Santiago, que supón o feito de que un vial do parque eólico o cruce para servir de comunicación entre o Parque Eólico Sasdónigas (Fase I) y el Parque Eólico Sasdónigas Fase II. Según a sentencia, “é evidente, por tanto, que o tráfico rodado dentro dun tramo do Camiño de Santiago (o Camiño Norte que afecta o parque eólico, atópase delimitado polo Decreto 158/2014, do 27 de novembro) atópase totalmente vedado para os labores de mantemento dun parque eólico”. Norvento, según consta nas sentencias ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, alegou que los aeroxeradores resultaban “atractivos para os turistas”.
Por último, os maxistrados do Supremo confirman que se afecta tamén “a importantes recursos hídricos”, entre eles dúas lagoas.
Quedan en entre dito, pois, as declaracións que a compañía galega realizou no seu día sobre que a tramitación dos parques “efectuouse co máximo rigor, e total e absoluto respecto a todas as normas tanto estatais como autonómicas". Especial mención ten neste caso. Como recorda o Tribunal Supremo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, no seu informe de 2 de xullo de 2012, consideraba que o Parque Eólico Fase I supoñía “unha grave afección sobre o Camiño de Santiago, xa que unido ao Parque Eólico Sasdónigas fase I, xa existente e ao que da continuidade, crea un único parque eólico que atravesa o Camiño Norte.”
O letrado dos recorrentes, Ulises Bértolo, do gabinete xurídico Bermor Abogados, e a representante dos mesmos, a arquitecta Consuelo Fernández-Reigosa, autora dos informes técnicos, estiman que “con estas dúas sentencias do Tribunal Supremo sentan xurisprudencia e obrigan os poderes públicos a observar unha maior esixencia e pulcritude na xestión do análise de riscos ambientais acumulados que afectan ó territorio sobre o que se asentan este tipo de instalacións. Non e admisible que a avaliación ambiental admita como posible un uso que conculque abertamente a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e a protección propia do Camiño de Santiago, tal e como ten ocorrido no presente caso.”