O Torques de Marzán programa un curso de iniciación á fotografía

Foz
AMariñaXa
A asociación de Foz programa a actividade de balde, que terá lugar no Local Social O Pradovello
Imaxe recurso dunha cámara
6 Out 2024

O Torques de Marzán organiza un curso gratuíto de iniciación á fotografía, que terá lugar no Local Social O Pradovello. As sesións impartiranse os luns e mércores ata o 30 de outubro, en horario de 20.00 a 21.30. Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 684 151 730, aínda que as prazas son limitadas. O curso será impartido polos expertos Francisco Lestegás e José Ángel Niño, e está dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse na arte da fotografía. A asociación focense animan á veciñanza a aproveitar esta oportunidade de aprender e desenvolver as habilidades fotográficas de maneira totalmente gratuíta

0.16937923431396