O terceiro plan de igualdade de oportunidades de Ribadeo someterase hoxe a aprobación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este martes, 24 de setembro, desenvolvérase un pleno ordinario do Concello de Ribadeo e un dos puntos que figura é o sometemento a aprobación do III Plan de Igualdade de entre mulleres e homes do Concello de Ribadeo.
71396363_2895074873839466_8006052127619153920_n
24 Sep 2019

Este martes, 24 de setembro, desenvolvérase un pleno ordinario do Concello de Ribadeo e un dos puntos que figura é o sometemento a aprobación do III Plan de Igualdade de entre mulleres e homes do Concello de Ribadeo. 

Desde a Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres, son moitas as iniciativas que se desenvolveron ao longo da vixencia dos anteriores Plans de Igualdade, “máis pese aos avances acadados nos últimos tempos en materia de igualdade aínda son moitas as cousas pendentes para alcanzar esa igualdade real entre mulleres e homes. Esta circunstancia é a consecuencia de termos comezado un traballo de deseño, elaboración e redacción do a que levou ao III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes que se rematou en maio, onde se fixo unha presentación pública do mesmo. É  un plan de traballo plurianual que vai do 2019 ata o 2022 marcando as prioridades e as liñas de acción nos diferentes eidos para seguir implementando as políticas de igualdade no Concello e dar pasos cara un Ribadeo en igualdade”.

O  III Plan de igualdade (PIOMH ) ten como finalidade ou obxectivos xerais, lograr un mapa de necesidades e prioridades en materia de igualdade de xénero no concello de Ribadeo para o futuro inmediato, deseñar unha ruta de acción en materia de igualdade entre mulleres e homes a nivel municipal para o período 2019 – 2022, articular mecanismos que logren un seguimento e avaliación continua das accións planificadas e ademais traballouse tendo en conta as necesidades municipais e utilizando técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas e contando cos axentes chave da comunidade local.

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM explican que o traballo de elaboración do Plan desenvolveuse en  varias fases metodolóxicas: 

A fase primeira ou fase de estudo dos datos no municipio e a súa análise cuantitativa consistiu na revisión e estudo das fontes de información oficiais e das áreas técnicas que teñan datos estatísticos de Ribadeo. Valourouse cunha enquisa online á totalidade de persoal técnico do Concello de Ribadeo. Responderon a esta enquisa un total de 65 empregados deste Concello. 

A fase segunda consistíu na creación de espazos de participación e centróuse nunha análise cualitativa. A convocatoria orientouse no deseño de metodoloxía e xestión de mesas de traballo. Neste sentido convocaronse as seguintes mesas: co persoal técnico e político: o 01/03/ 2019 ás 13.00 horas e o 03/04/2019 ás 13.00 horas. E con representantes do Consello Municipal das Mulleres: o 28/02/2019 ás 19.00 horas e o 03/04/2019 ás 19.00 horas. 

Despois procedeuse á III fase de redacción e finalmente o 2 de maio ás oito da tarde foi presentado o resultado final nun acto aberto ao que se convidaron a todas as persoas vogais do Consello Municipal das Mulleres e máis ao persoal técnico e político do Concello. Xunto co III PHOMH presentouse a diagnose da situación que se desenvolveu con anterioridade á redacción do Plan e que permitiu analizar e detectar as fortalezas e debilidades por sectores no Concello.

O III PHOMH consta de  6 eixos de traballo e conta cun total de 50 accións a desenvolver entre o ano 2019 e o 2022: educación en igualdade, vida libre de violencia, apoderamento e participación social, organización social corresponsable e mercado laboral, saúde, deportes e calidade de vida e transversalidade de xénero na administración. 

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM subliñan que “a premisa básica que nos moveu e sigue a mover é: un Ribadeo sen violencia e en igualdade, é a nosa meta a alcanzar”.

Cabe lembrar que o Observatorio da Mariña pola Igualdade vén de gañar o premio Begoña Caamaño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17973399162292