O Teleclub da parroquia de Vilaformán, en Trabada, ofrece un obradoiro de dixitalización

AMariñaXa
O Teleclub da parroquia de Vilaformán de Trabada acolle esta semana varias actividades abertas á veciñanza, organizadas pola Asociación Cultural Vegueillo de Vilaformán
Teleclub-da-parroquia-de-Vilaformán
1 Xul 2024

O Teleclub da parroquia de Vilaformán de Trabada acolle esta semana varias actividades abertas á veciñanza, organizadas pola Asociación Cultural Vegueillo de Vilaformán, coa colaboración do Concello de Trabada. O mércores, 3 de xullo, haberá un taller de dixitalización, retoque e edición de fotos, no que se lle pide ás persoas asistentes que leven imaxes que conten algo da comarca.

Celebrarase tamén un de guionización, gravación e montaxe de películas de cine, neste caso dirixido a estudantes de cine. O xoves 4, desde as 22.00 horas, celebrarase un encontro coa veciñanza con pinchos e música, da man do acordeonista Vadim Yukhnevich. “É unha satisfacción para o concello que podamos acoller estas actividades, abertas á veciñanza e con profesionais especializados na fotografía e o cine”, asegura o alcalde, Rubén García.

Ademais, tanto o taller como o encontro veciñal “serán nun espazo recentemente reformado polo concello, un teleclub para dar servizo á veciñanza da parroquia de Vilaformán, axudando a dinamizar a súa vida social con diferentes actividades”, engade o alcalde.

0.18345189094543