O teleclub da parroquia de Cabanas no Vicedo acolle dúas proxeccións
AMariñaXa
A asociación de veciños da parroquia de Cabanas no Vicedo en colaboración co colectivo cultural Voltaedalle promoven unha sesión de cine
13 Abr 2022
A asociación de veciños da parroquia de Cabanas no Vicedo en colaboración co colectivo cultural Voltaedalle promoven unha sesión de cine no teleclub.
Nesta ocasión será adicada a Chano Piñeiro e nela proxectarase Mamasunción e Mamasunción volve ao correo. Estas dúas sesión darán comezo ás 19.00 horas
Unha vez rematen as proxección haberá un coloquio sobre as mesmas.