O teatro volve a Ribadeo para este cuarto trimestre
AMariñaXa
O teatro volve a Ribadeo para este cuarto trimestre do ano no que os sábado terán unha programación especial
19 sep 2022
O teatro volve a Ribadeo para este cuarto trimestre do ano no que os sábado terán unha programación especial e que comezará o 1 de outubro poderase desfrutar de Viva la Pepa, unha obra de Juan Luis Iborra e Sonia Gómez con Pepa Rus.
O sábado 15 será a quenda de 337 km, a cargo de Manuel Benito con Néstro Goenaga, Clemente García e Lidia Navarro, e o sábado 29 será Malditas Plumas de Sol Picó.
Xa no mes de outubro chegará La Coartada de Christy Hall con María Castro, Miguel Hermoso e Daniel Muriel, e o 10 de decembro pechará a programación Oceanía de Gerardo Vera e José Luis Collado con Carlos Hipólito.