O teatro regresa a Barreiros coa obra 'Cousas' da compañía Os Quinquilláns

AMariñaXa
Será este sábado, nos colexios vellos de San Miguel a partir das 19.00 horas con entrada de balde
os-quinquillans-cousas
24 Oct 2025

O teatro volve este sábado, 25 de outubro, a Barreiros da man da compañía Os Quinquilláns, que representará a obra Cousas nos colexios vellos de San Miguel a partir das 19:00 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

Trátase dunha adaptación da coñecida obra de Castelao, unha peza chea de retranca, humor e costumismo galego, que combina traxedia, farsa e comedia para ofrecer unha visión entrañable e crítica da sociedade galega.

Ademais, no mesmo espazo continúa aberta a exposición Sempre Galiza, que poderá visitarse ata o 31 de outubro nos seguintes horarios: luns, martes e mércores de 10:30 a 11:30 horas, e xoves de 12:00 a 13:00 horas.

Con esta proposta, o Concello de Barreiros continúa apostando pola cultura e o teatro en galego, promovendo a participación veciñal e o acceso á creación artística.

⚙ Configurar cookies
0.23327898979187