O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a obra 'Verdeveras. As formas do amor'

AMariñaXa
A obra, escrita por María Ángeles Iglesias e dirixida por Gena Baamonde, presenta unha historia de reencontro entre unha antiga parella
obra-teatro-Verdeveras
6 Mar 2025

O vindeiro 8 de marzo, ás 20.30 horas, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a obra Verdeveras. As formas do amor, unha comedia dirixida ao público adulto que promete emoción, humor e reflexión sobre as diferentes formas que pode adoptar o amor ao longo da vida.

A obra, escrita por María Ángeles Iglesias e dirixida por Gena Baamonde, presenta unha historia de reencontro entre unha antiga parella. O seu amor foi deses que marcan un antes e un despois, deses que o poñen todo patas arriba e fan cuestionar cada detalle da vida. Logo de moito tempo separados, este pode ser o día perfecto para volver verse por primeira vez.

Cunha duración de 65 minutos, a montaxe destaca pola súa posta en escena, cunha escenografía e iluminación deseñadas por Octavio Mas, un coidado deseño de son e música a cargo de Tato López, e un vestiario elaborado por Verdeveras Expresións Artísticas.

No elenco artístico, os espectadores poderán gozar das interpretacións de Sergio Zearreta e a propia autora, María Ángeles Iglesias.

Verdeveras. As formas do amor é unha proposta que promete deixar unha sensación agradable no espectador, cunha mestura de gusto, alegría e esperanza.

⚙ Configurar cookies
0.10425996780396