O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle ‘Testosterona’ sobre desigualdade laboral
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra ‘Testosterona’, o sábado 14 de decembro ás 20.30 horas.
A obra ‘Testosterona’ fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, propon unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que sorprenderá cun sorriso debuxado nos beizos vendo as peripecias destes personaxes.
Aquí a sinopse: “O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?, a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?...”.
Terá unha duración de 75 minutos, é comedia para adultos e o equipo está formado por: Sabina Berman (autora), Xoque Carbajal (dirección e adaptación), Diego Valeiras (escenografía), Carlos Mosquera Mos (deseño son), Xoque Carbajal (deseño iluminación), Diego Valeiras (vestiario), Carlos Mosquera Mos (música) e Camila Bosa e Luis Iglesia (elenco artístico).