O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra 'Idiota'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 8 de febreiro a obra de teatro Idiota de Redrum Teatro.
7 Feb 2020

O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 8 de febreiro a obra de teatro Idiota de Redrum Teatro.

Dará comezo ás 20.30  horas e está dirixida a un publico adulto.

A obra trata sobre Carlos Varela, que por fin cre que a súa sorte mudou: un anuncio ofrece moitos cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha atractiva doutora de orixe alemán. Comezan as preguntas, e comeza a comedia... Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando ao protagonista ao igual que atrapa ao espectador nunha tea de araña perversa.

Este malévolo texto, sembrado de minas en forma de dilemas morais e acuciantes descargas de presión psicolóxica, mergúllase nos mecanismos de manipulación, nos resortes da codicia, o poder das grandes corporacións, a desinformación culpable, a capacidade da tolerancia ante o abuso de autoridade e as inconmensurables dimensións da estupidez humana, sempre ignorante da letra pequena das claúsulas que impón a vida.

Jordi Casanovas tende con habilidade as súas redes dramáticas nun texto maxistral estreado en Barcelona no 2015 e que está percorrendo todo o mundo con grande éxito de crítica e público.

0.18658995628357