O Teatro Pastor Díaz de Viveiro cumpre cen anos

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Mar 2019

Dende Viveiro celebran que o Teatro Pastor Díaz cumpre cen anos, unha efeméride pola que se sinten profundamente orgullosos e que queren celebrar organizando un acto que sirva para conmemorar e poñer en valor tan importante aniversario e que será anunciado proximamente. Con motivo do seu centenario, quérese aproveitar a ocasión para difundir unha breve reseña da historia de tan emblemático edifico.
O Teatro Pastor Díaz, está situado no casco antigo de Viveiro, entre rúas estreitas, sen a monumentalidade dos grandes teatros da época, confundíndose no seu entorno. A parcela onde se contrueu é trapezoidal entre as rúas Contanza de Castro e Luis Trelles.

A súa contrución foi entre 1918 e 1919 como iniciativa particular de Nemesio Barreiro Casal. O proxecto foi redactado por Mario Páez Suárez (arquitecto da Deputación Provincial de Lugo entre os anos 1911 e 1920).
O edificio ademais dun teatro con ambigú e a vivenda do empresario, tiña unha cocolatería, colindante con outro edificio do mesmo promotor. Lonxe dos grandes teatros da época, enclavados en amplos espazos, o teatro Nemesio está situado na pequena trama do casco vello de Viveiro entre estreitas rúas, sen a monumentalidade propia do xénero.
Pasou por varios propietarios ata que foi adquirido polo Concello o 29 de decembro de 1988. Estivo pechado oito anos para súa rehabilitación que foi reinaugurado 28 de setembro de 2001. O custo da rehabilitación foi de 200 millóns de pesetas.
Nese momento o teatro volve a incorporarse na vida social de Viveiro, e é o centro onde se realizan a maioría das actividades culturais da vila. Tanto organizadas polo concello como por calquer colectivo do municipio que o solicite.
Componse de tres zonas: a primeira ten planta trapezoidal apoiada na rúa Constanza de Castro, cun frente de 11 metros sobre o que se elevan tres plantas. A segunda zona corresponde ao salón de espectadores que ten forma de U , cos seus palcos entorno ao patio de butacas. O espacio interior segue os esquemas dos clásicos dos teatros italianos.

 A terceira zona corresponde o escenario sobre a rúas Luis Trelles, hoxe en día despois da rehabilatación debaixo do escenario, están os camerinos. A fachada principal que da á rúa Constanza de Castro ten tres ocos a cada altura, cuxa única decoración son unhas máscaras representativas do teatro clásico e as ménsulas dos balcóns con dous escudos. Na parte alta do escenario están gravados os rostros de Rosalía de Castro e Pastor Díaz.

0.19975996017456