O teatro completa a programación dás Letras Galegas de Alfoz
O Concello de Alfoz acolle o 11 e o 15 de maio a actuación A pluma viva de Rosalía, de Os Quinquilláns. Ese espectáculo será na Casa da Cultura, 19:30 horas.
Baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro, a montaxe dirixida por Lucho Penabade e Tero Rodríguez céntrase na denuncia dos prexuÍzos aos que a autora tivo que enfrontrarse como muller escritora no seu tempo. A obra, pensada para público familiar, toma como referencia a reacción que causaron catro textos da autora destinados a un dos números da publicación Almanaque de Galicia, da imprensa Soto Freire de Lugo.
A actuación forma parte da programación organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da figura de Rosalía de Castro, en colaboración con concellos e centros educativos. A axenda, que botou a andar o pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da poeta, inclúe quince representacións teatrais e vinte intervencións artísticas en espazos públicos, coa figura de Rosalía de Castro como elemento común.