O talento barista brilla en Foz no Campionato Internacional de Cata de Cafés

Foz
AMariñaXa
Hugo Díez Castro, do IES de Foz, proclamouse gañador no certame de Cata de Cafés; e Ángela Roque, do IES Sanxillao de Lugo, foi terceira no Campionato de Baristas
Hugo-Diez-Campionato-cata-Foz-2025
21 Feb 2025

O Concello de Foz converteuse en epicentro do talento barista coa celebración do XIII Campionato Internacional de Cata de Cafés, dentro do XII Campionato Internacional de Escolas de Hostalería. O evento reuniu a un total de 20 escolas de hostalería, que competiron nunha emocionante proba onde se puxeron a exame as súas habilidades na cata de cafés.

O gran vencedor desta edición foi Hugo Díez Castro, do IES de Foz, quen logrou alzarse co primeiro posto. Como premio, poderá gozar dunha visita á factoría Crem e dunha fin de semana en Gandía. O segundo posto foi compartido por Rebeca Palacios González, da Escola de Hostalería de Gamarra en Vitoria-Gasteiz, e Tony Wang, do CIFP Cidade de León en León, ao producirse un empate técnico. O terceiro lugar recaeu en Diana Fuenmayor de Medeiros, do CIFP Burlada de Navarra.

A competición volveu demostrar o alto nivel de formación das escolas participantes e a paixón dos estudantes polo mundo do café.

XVII Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría

O XVII Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría destacou pola participación de moitos estudantes de todo o país. O primeiro premio foi para Izaro Garro de Gamarra (Vitoria), mentres que o segundo premio foi para Paula Álvarez do CIFP Vilamarín (Ourense) e o terceiro para Ángela Roque, do IES Sanxillao de Lugo.

Este ano, o evento contou tamén con dous certames paralelos: o XIII Campionato de Cata de Café e o XI Campionato de Baristas para profesionais. O gañador do campionato de estudantes terá a oportunidade de participar no certame de profesionais e medir as súas habilidades con expertos na materia.

A edición de 2025 rexistrou unha notable participación, xa que foron moitos os estudantes e profesionais que se descolgaron de diferentes comunidades autónomas, entre elas Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Murcia, Navarra, País Vasco e Portugal, o que constitúe o maior número de comunidades implicadas na historia do concurso.

0.16646385192871