O Tacgal paraliza a nova contratación do servizo da Residencia de Maiores de Foz

Foz
AMariñaXa
Esta resolución do tribunal atende ao recurso interposto pola actual empresa
javier_castineira_residencia_maiores_foz
javier_castineira_residencia_maiores_foz
3 Xul 2024

O Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) paraliza a nova contratación do servizo da Residencia de Maiores levada a cabo polo bipartito focense. Esta resolución do tribunal atende ao recurso interposto pola actual empresa e recrimina ao Concello erros no procedemento de contratación.

“Trátase dunha bocanada de aire fresco para a Plataforma de Usuarios da Residencia de Maiores xa que a nova contratación o que implicaría sería unha subida de prezos que, segundo o señor Cajoto e os seus socios do BNG, deberían asumir na súa totalidade os propios usuarios, algo do que estaba totalmente encontra o Partido Popular”, sinala o voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira.

Ante esta nova situación, o PP pídelle novamente transparencia ao alcalde e ao BNG, que convoque aos voceiros dos grupos políticos e aos familiares dos usuarios da residencia para analizar en que afecta a decisión do Tacgal e que o Goberno focense cambie de actitude. “Pedimos máis e mellor xestión porque levamos cinco anos nos que isto é un verdadeiro desastre e estase a crear unha malísima imaxe dun servizo importante para o noso concello; deste modo, os erros de Cajoto estanlle a costar caro aos veciños de Foz e, especialmente, aos usuarios da residencia que poden comparar os catro primeiros anos de servizo que xestionou o Partido Popular co caos actual do bipartito”, finaliza Javier Castiñeira.

0.16597414016724