O surfista e e oceanógrafo Tony Butt ofrece unha charla en Burela

AMariñaXa
Na charla ‘Entender o océano’, Tony Butt explicará diversas cuestións  relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as predicións meteorolóxicas
Ondas-Limpas
11 Out 2024

O Concello de Burela acollerá, no salón de conferencias, a charla ‘Entender o océano’ do surfista e oceanógrafo Tony Butt.
Esta xornada, enmarcada no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, terá lugar este sábado, día 12 de outubro. Haberá dúas quendas distintas, unha de nivel 2 de 11:00 a 13:00 da mañá e outra de nivel 3 de 16:00 a 18:00 da tarde. A inscrición na actividade poderá ser realizada nesta ligazón .

Na charla ‘Entender o océano’, Tony Butt explicará diversas cuestións  relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as predicións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no surf e outras disciplinas. Ondas limpas é un proxecto promovido conxuntamente polo Concello de Burela e o Burela Surf Club, co financiamento do GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea.

0.060208082199097