O Salón de Gourmets de Madrid saborea a Merluza d& Burela
A gastronomía da Mariña Lucense foi dobremente protagonista durante o Salón Gourmets en Madrid, co showcooking do chef Javier Montero con Merluza d& Burela.
Esta semana estase celebrando en Madrid a 35 edición do Salón Gourmets, o escaparate anual máis importante de alimentos e bebidas de alta gama. Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o programa de catas e degustacións dos produtos do Mar de Galicia Galicia Sabe AMar incluiu un showcooking elaborado con Pescada do pincho de Burela.
O stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia acolleu as elaboracións do chef Javier Montero (restaurante Javier Montero, Ribadeo, Lugo), que preparou as receitas de “Merluza de Burela en salpicón con mini ensalada de brotes frescos” e Merluza de Burela en pil pil sobre parmetier de pataca e grelo; e contou co maridaxe dos Viños D.O. Monterrei.
O acto, que estivo presentado polo xerente de OPP-7 Burela, Sergio López, contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, como a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Pesca e Acuicultura, Mercedes Rodríguez Moreda, ademais de representantes doutras entidades pesqueiras.
Entre os asistentes á degustación tamén se atopaban representantes de diferentes blogs e medios de comunicación, maioristas e directivos de mercados centrais, proveedores e responsables de cadeas de distribución, sumillers...
Esta presentación únese á degustación do pasado luns no stand de Cepesca, na que se poñían en valor as especies capturadas coa arte de arrastre, na que se ofreceu a receita Cucharita de caballa en escabeche, elaborada tamén con produto da lonxa de Burela.