O SLG organiza un curso de Fruticultura: enxertos e poda, na Pontenova

AMariñaXa
Volven os cursos de natación na piscina municipal da Pontenova. serán infantís e adultos para os que haberá que anotarse
enxerto poda xardin
17 Mar 2024

O Sindicato Labrego Galego organiza para os días 23, 25 e 27 de marzo un curso de Fruticultura: enxertos e poda. Esta actividade farase na Pontenova e terá unha duración de 12 horas.

O horario será, o sábado 23 de 10.00 a 14.00 horas, e o luns 25 e mércores 27 de 15.00 a 19.00 horas. Farase no local veciñal de Saldoira.

Para máis información ou contacto haberá que chamar ao 630 970 132 ou escribir a ribadeo@sindicatolabrego.gal. A data límite de inscrición é o 21 de marzo.

0.20505595207214