O show musical 'Del 40 al 1-Coca-Cola', estará en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle o sábado día 18 a emisión en directo do programa Del 40 al 1-Coca-Cola, o show musical con máis oíntes do país.
del 40 al 1
8 Mar 2023

O Concello de Viveiro acolle o sábado día 18 a emisión en directo do programa Del 40 al 1-Coca-Cola, o show musical con máis oíntes do país.

O recoñecido presentador Toni Aguilar repasará dende los 40 Mariña a nova lista de éxitos da canle da música por excelencia en España, unha escoita que conta con case 3 millóns de fieis seguidores.

Entre as 10.00 e as 14.00 horas, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro será o escenario deste gran acontecemento radiofónico gracias a colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo. O acceso ao público será a partir das 9.30 horas co obxectivo de contar con todos os asistentes xa acomodados nos seus asentos 15 minutos antes da emisión.

A entrada é totalmente gratuíta previa reserva, desde mañá mércores, no teléfono 982 560 162, en horario, de 9.00 a 14.00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18889594078064