O Show de Barallocas chega á Casa do Mar de San Cibrao

AMariñaXa
A Asociación Amigos da Maruxaina prepara para o vindeiro sábado 12 un espectáculo para todos os públicos da man de Trécola Produccións.
1 show de barallocas burela
1 show de barallocas burela
11 Nov 2022

A Asociación Amigos da Maruxaina prepara para o vindeiro sábado 12 de novembro un espectáculo para todos os públicos da man de Trécola Produccións. Será o sábado ás 20.30 horas e cunha duración duns 50 minutos.

Esta obra, o Show de Barallocas, trata sobre un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ouu en si mesmo atopa un xogo.

Unha sorte de sketchs de humor absurdo, que mesturando unha coidada manipulación de obxectos, máscaras e pantomima, trasládanos dende a selva a un gran ballet ruso nun pestanexo.

show de barallocas burela
0.15691709518433