O sétimo videofaladoiro de Nordés será sobre 'O que nos contan as rochas'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O sétimo videofaladoiro de Nordés será o sábado 6 de xuño, ás 20.
Charla sobre innovación e renovación no comercio en Vilalba.
5 Xuño 2020

O sétimo videofaladoiro de Nordés será o sábado 6 de xuño, ás 20.00h.  "O que nos contan as rochas" é o título escollido por Belén Pérez Pérez, licenciada en Bioloxía e actualmente profesora desta especialidade e de Xeoloxía no IES María Sarmiento (Viveiro).

Nalgúns lugares, o relevo e as rochas que o forman son un dos elementos máis importantes na configuración da paisaxe. Así acontece en lugares como o Cabo Ortegal ou Estaca de Bares, a praia das Catedráis ou a de San Román ou en enclaves tan visitados como Fuciño do Porco ou o Picón.Para gozar da beleza das nosas costas so é preciso pararse a contemplalas e ter un mínimo de sensibilidade.
Belén Pérez Pérez realizará unha breve aproximación ao mundo da xeoloxía. Un pequeno achegamento para tentar distinguir unhas rochas doutras, saber onde e como se formaron e finalmente interpretar a historia xeolóxica do noso territorio. Unha historia na que chocaron enormes continentes, abríronse océanos, tremeu a terra e os volcáns cuspiron materiais das súas entrañas, unha historia moi antiga á vez que apaixonante.
0.14133810997009