O servizo de madrugadores do Valadouro contará con 20 prazas
O Concello do Valadouro informa que desde o 6 de setembro estará dispoñible un tramite especifico na sede electrónica municipal para o servizo de madrugadores.
As solicitudes que entren por rexistro antes do inicio do prazo considerásense presentadas fóra de prazo. Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro para o curso escolar 2021/2022 e haberá 20 prazas.
Este programa desenvólvese en horario de 8.15 a 9.20 dende o 13 de setembro de 2021 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.
Haberá 2 horarios de entrada ás 8.15 e ás 8.45. A entrega de alumnos deberá facerse sempre con puntualidade, non admitíndose alumnos que cheguen ao centro escolar fora do horario establecido.
Excepcionalmente poderanse conceder prazas por quendas para alumnos cuxos proxenitores ou titores legais teñan unha xornada laboral a quendas e sempre condicionado á existencia de prazas. Será imprescindible aportar un calendario de quendas para a duración de todo o curso.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 9 de setembroas 14:00 horas, non admitíndose aquelas realizadas fora do citado prazo.