O Sergas comprométese a mellorar o alumeado da contorna do Centro de Saúde de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro púxose en contacto co Sergas para demandar unha solución con respecto ao alumeado da zona que rodea ao Centro de Saúde
viveiro sergas alumeado centro de saude
19 Dec 2021

O Concello de Viveiro púxose en contacto con Ramón Ares, Xerente da Área Sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte, para demandar unha solución con respecto ao alumeado da zona que rodea ao Centro de Saúde, pertencente ao Sergas.

Ese espazo carece de iluminación e atópase totalmente a escuras, polo que dende o concello se lle solicitou a adopción de medidas para evitar, sobre todo, situacións vandálicas ou de perigo.

Por parte do xerente da Área Sanitaria manifestouse a súa intención de subsanar a situación, polo que dende o Concello de Viveiro se agarda que en breve esa zona poida contar con iluminación.

0.14838600158691