O Senado insta ao Goberno a iniciar en 2025 as obras da Autovía da Mariña

AMariñaXa
O PP saca adiante a iniciativa coa súa maioría absoluta e critica a falta de apoio do PSOE e do BNG
proxecto-autovia-a74-mariña
11 Mar 2025

O Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa na Comisión de Transportes que insta o Goberno de España a iniciar, durante este ano 2025, as obras en todos os tramos da autovía da Mariña (A-74). A proposta saíu adiante sen votos en contra, pero coa abstención do PSOE e sen a presenza da senadora do BNG no debate.

O senador popular José Manuel Balseiro, autor da iniciativa, lamentou a falta de compromiso dos outros partidos. “O PSOE abstívose a pesar de que estabamos dispostos a aceptar a súa emenda, sempre que incluíse o inicio das obras en 2025. E a única senadora do BNG nin sequera se presentou ao debate, o que demostra o pouco que lles importa A Mariña”, criticou.

Balseiro insistiu en que esta infraestrutura é esencial para a comarca, xa que a actual estrada nacional N-642 está saturada e presenta un estado de conservación deficiente. “Levamos demasiado tempo esperando por esta autovía”, afirmou.

O senador tamén denunciou a falta de avances nos últimos anos, acusando ao Goberno de Pedro Sánchez de non executar os fondos comprometidos para a autovía. “Levámonos sete anos perdidos para A Mariña, sen que sequera se executaran os 4 millóns de euros consignados nos orzamentos deixados por Rajoy”, asegurou.

Por iso, Balseiro considera que as obras poderían iniciarse se houbera vontade política e reivindica que esta infraestrutura conta cun amplo respaldo social. “Agora tamén hai un mandato firme do Senado ao Goberno de España”, concluíu.

⚙ Configurar cookies
0.16563892364502