O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Allariz, na provincia de Ourense, o domingo, 16 de febreiro de 2025.
Nesta viaxe visitaranse os museos do coiro, do liño e do xoguete, o convento de Santa Clara e igrexa de San Benito e poderase desfrutar dun paseo polo río Arnoia.
O xantar terá lugar no restaurante Bella Vista, onde se poderá desfrutar dunha degustación de cocido de Entroido.
A saída será ás 8.00 da mañá, desde a Estación de Autobuses de Viveiro, e para participar será necesario mercar o ticket en Aquilino MAPFRE a un prezo de 45 euros para socios e 50 para os que non o sexa.