O Seminario de Estudos Os Espigueiros presenta o seu libro, Historia de San Miguel

AMariñaXa
O Seminario de Estudos Os Espigueiros vén de presentar o seu libro Historia de San Miguel, un repaso pola historia da parroquia do municipio barreirense.
historia de san miguel os espigueiros barreiros
18 Ago 2023

O Seminario de Estudos Os Espigueiros vén de presentar o seu libro Historia de San Miguel, un repaso pola historia da parroquia do municipio barreirense.

"Un soño feito realidade tras moito esforzo", dixeron dende o colectivo, "son dez anos de traballo e de ilusión".

Este libro arrinca na época castrexa e non é unha historia lineal senon que está mesturado con diferentes episodios da historia do municipio. Trátanse temas como capelas, igrexas, plantacións de tabaco, a emigración, a gandaría e a cultura.

0.18371796607971