O Seminario de Estudos do Valadouro muda de directiva

AMariñaXa
O Seminario de Estudos do Valadouro muda de directiva. Tanto a anterior directiva como a nova afirmaron o seu compromiso
Seminario de Estudos do Valadouro xunta directiva 2023
20 Mar 2023

O pasado 26 de febreiro celebrouse a asemblea xeral do SEVA, Seminario de Estudos do Valadouro, durante a cal se votou unanimemente a composición da nova xunta directiva.

Así os novos cargos son Eduardo 'Lalo' Fernández Galán como presidente, Juan Luís Pisón Villapol como secretario, Marco Candiá como tesoureiro, e Lionel Rexes e Xesús Pisón de vogais.

Tanto a anterior directiva como a nova afirmaron o seu compromiso de continuar colaborando para a dinamización cultural do Val do río Ouro.

O Seminario de Estudos do Valadouro dende que se creou, no 2012, contribúe a dinamizar a vida cultural de Alfoz e O Valadouro.

0.19534683227539