O SD Ribadeo organiza o XII Torneo de Fútbol Infantil

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa.
7 Xuño 2019

Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa.
En total participan 33 equipos procedentes de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, que van disputar os encontros no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo do Outeiro na Devesa, e no Campo Trénor de Barres, na veciña Asturias.
Serán arredor de 1.500 as persoas que esta fin de semana se acheguen a Ribadeo a participar e a disfrutar deste XII Torneo de Fútbol Infantil, que foi presentado este mediodía pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.

0.10860896110535