O Satse recolleu firmas para reclamar o incremento de persoal de enfermería nos centros sanitarios da Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
O sindicato de enfermería, Satse, saiu unha vez máis para recoller firmas para levar a cabo unha iniciativa lexislativa popular no Congreso dos Deputados que limite o número máximo de doentes que debe atender unha enfermeira/o.
DSC_0056
20 Abr 2019

O sindicato de enfermería, Satse, saiu unha vez máis para recoller firmas para levar a cabo unha iniciativa lexislativa popular no Congreso dos Deputados que limite o número máximo de doentes que debe atender unha enfermeira/o. As delegadas do Sindicato de Enfermería estiveron  recollendo firmas na Praia das Catedrais entre as 10 a 14 horas deste venres. Como xa vos informamos, Satse leva recollendo firmas no hospital da Mariña e centros sanitarios da área, dende o pasado mes de novembro. Agora quere tamén implicar os cidadáns e turistas que visitan estes días o fermoso “areal da praia das Catedrais”

Esta nova recollida de firmas inclúese dentro da campaña de información e sensibilización social de Satse que, baixo o lema “La Sanidad que merecemos. Ley de ratios enfermeras”, ten como obxetivo xeral garantir a seguridade asistencial a través dun número suficiente de enfermeiras nos hospitais e centros de saúde de toda Galiza.

A práctica totalidade das personas as que se dirixen as delegadas de Satse deciden apoiar ca sua sinatura a Iniciativa Lexislativa Popular ó coincidir ca organización sindical en que ó déficit de enfermeiras repercute na atención que reciben cando teñen que ser hospitalizados ou acuden ó  seu centro de saude.

A todas as persoas as que se lles pide a seu apoio se lles da un folleto informativo e se lles explica, por exemplo, que a media de doentes que son atendidos por unha soa enfermeira nun hospital oscila entre as 15 e máis de 20 cando a ratio segura e adecuada non debería superar os oito doentes. Esta situación conleva máis riscos e complicación e un aumento das mortes, según evidencian todos os estudos e análisis científicos realizados ó respecto.

Doutra banda, se lles recalca que Galiza, e en concreto A Mariña, atópase moi lonxe da media de países europeos en canto a número de enfermeiras por habitante, xa que a ratio de estos profesionais por 1.000 habitantes é de 3,38 en Galicia, mentres que en Europa é de 8,8 enfermeiras por mil habitantes. En concreto, Galiza necesita un total (pública e privada) de 8.824 enfermeiras para alcanzar, como mínimo, a media europea. No Sergas, en Atención Especializada, necesitamos 4875 máis, mentres que en Atención Primaria requirense 1.044.

A Mariña

No caso da Mariña, as plantillas son moi axustadas no hospital, no que unha enfermeira atende a 18-19 pacientes, ás veces aínda máis, e no caso de centros de saúde hai enfermeiras/os que teñen asignadas preto de 2000 cartillas.

O Sindicato de Enfermería demanda cómo máximo 6-8 pacientes por enfermeira e un máximo de 1500 cartillas por enfermeira para os centros de saúde da Mariña, para poder proporcionar unha atención segura e de calidade

0.13382887840271