O santuario pontenovés de Conforto acollerá a vindeira fin de semana a súa tradicional romaría

AMariñaXa
O santuario da parroquia pontenovesa de Conforto acollerá a vindeira fin de semana a súa tradicional romaría de setembro
1 Conforto pontenova
5 sep 2022

O santuario da parroquia pontenovesa de Conforto acollerá a vindeira fin de semana a súa tradicional romaría de setembro na honra da Nosa Señora de Conforto.

A festa comezará o xoves 8 coas misas cada hora dende as 9.00 horas e a solemne ás 13.00 horas seguida da procesión e a sesión vermú con Pedro Brmudz.

Xa o venres 9 será a churrascada a partir das 22.00 horas na que tamén se poderá degustar empanada, xamón cocido, churrasco de porco e criollo, tarta de Santiago, viño, auga, café e Pepsi.

Os tiquets, cun prezo de 18 euros, pódense reservar chamando ao 650 186 011 e facer pagos a través de Bizum ou en físico, e xa se poden mercar no San Briz, Rony Bar e Casa Paulino.

A derradeira xornada, a do sábado 10 de setembro, volverá o oficio relixioso ás 13.00 horas, a procesión e a sesión vermú con dúo Estrellas e pola noite haberá verbena a cargo de dúo Merengue e Disco Móvil Blanco y Negro.

Conforto pontenova
0.15512800216675