O San Rosendo de Barreiros será o 2 e 3 de marzo
A comisión de festas San Rosendo, do Concello de Barreiros, organiza para o vindeiro 2 e 3 de marzo a súa festa homónima e que será na praza da Igrexa en San Miguel.
A xornada dará comezo xa o venres coa degustación gratuíta de poldro de cabalo PRG 100 % raza autóctona nos bares Cuplé, Vendaval, Rimar, Dulcería e Bodeguilla.
Xa o sábado 2 haberá actuación da sección infantil do Arco da Vella e música coa orquestra Solara e Gran Parada.
O domingo 5 será a feira de artesanía e gando xunto co concurso e a carreira de Pura Raza Galega e tamén haberámúsica a cargo de Faíscas da Pontraga e xogos ecuestres. Así como billarda e o 2º Trofeo de fútbol San Rosendo.
Para participar na feira haberá que inscribirse en san.rosendo.smr@gmail.com ou chamando a 628 739 224, 650 931 451 ou 651 347 286.