O sabor e a música regresan a San Cosme coa VIII Festa do Ovo Frito

San Cosme de Barreiros xa ten todo preparado para acoller unha nova edición da súa xa tradicional Festa do Ovo Frito, que este ano celebra a súa oitava convocatoria. A cita será o xoves 14 de agosto no campo de fútbol do Cascabeiro, cunha proposta que combina boa comida, música e ambiente festivo.
A partir das 19:30 horas comezarán a servirse as ceas, que incluirán dous ovos fritos, un chourizo, patacas fritas, pan e bebida —viño, cervexa ou auga—. O prezo será de 12 euros por persoa, cun desconto ata os 10 euros para quen adquira a entrada de forma anticipada.
A festa continuará coa verbena a cargo do Dúo Epok a partir das 21:30 horas, e, xa entrada a noite, coa actuación de Alejandro Martínez desde as 00:00 horas. As entradas pódense adquirir no Bar Miramar de San Cosme, Casa Melva ou a través dos membros da organización.
O evento está organizado polo C.F. Celta Barreiros e conta coa colaboración do Concello de Barreiros.