O sábado toca teatro na casa da cultura do Vicedo

AMariñaXa
Esta semana toca teatro na casa da cultura do Vicedo no que o grupo de teatro Axóuxeres, de Foz, presentando a obra Cousas de Mulleres.
cousas de mulleres 1
13 Out 2022

Esta semana toca teatro na casa da cultura do Vicedo no que o grupo de teatro Axóuxeres, de Foz, presentando a obra Cousas de Mulleres.

Será o sábado 15 de outubro ás 20.00 horas e trátase dunha historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, mulleres ás que o destino une por unha casualidade e que, sen pretendelo, acaban convertíndose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución. Entrada gratuita

cousas de mulleres
0.099881887435913