O sábado, teatro no Pastor Díaz de Viveiro

AMariñaXa
O mércores 18 de agosto o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra Contacreques. Esta representación será ás 19.00 horas
1casa do terror viveiro teatro
3 sep 2021

O sábado 4 de agosto o teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra A Casa do terror. Esta representación será ás 19.00 horas e está dirixida a un público infantil.

A Casa do Terror é un moi potente, rockeiro e sobre todo participativo espectáculo que está a recibir premios e excelentes críticas de prensa e público. Na música e na estética, ten influencias das películas de terror dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal, a familia Adams ou Scooby Doo.. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta graza ás cancións, danzas, elementos teatrais e de clown.

A Casa do Terror é tamén un libro-cd editado pola Editorial Galaxia; unha aventura, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito moi divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas como: as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc…

casa do terror viveiro teatro
0.20250916481018