O sábado haberá unha proxección no teleclube do Vicedo

AMariñaXa
Dende o Concello do Vicedo seguen coas actividades para este mes no que inauguran a proxección dun documental e unha curtametraxe.
casa da cultura do vicedo
16 Mar 2022

Dende o Concello do Vicedo seguen coas actividades para este mes no que inauguran a proxección dun documental e unha curtametraxe.

O documental será Carro e o home, un filme rodado no ano 1942 sobre o carro do país, e a curta será Escola das areas que trata sobre a viaxe do padre Sarmiento a Pontenovedra na busca da vacina da varíola.

As dúas proxeccións serán o sábado 19 de marzo ás 19.00 horas no teleclube de Cabanas e haberá unha presentación e un coloquio a cargo de Bernardo Penabade.

Estes actos están organizados pola Asociación de Veciñ@s de Cabanas e a Asociación Voltaedalle e colabora o Museo do Pobo Galego.

0.12911200523376