O sábado haberá unha limpeza de fondos mariños en Foz
O sábado 12 de xuño procederase a limpeza de fondos mariños en Porto Chico de Foz, unha actividade de concienciación e sensibilización ambiental dirixida a todos os públicos.
Esta actividade encádrase dentro do proxecto internacional de limpeza de fondos da Red de Vigilantes Marinos e será a entre as 16:00 a 20:00 horas
Dará comezo o venres 11 cunha charla sobre residuos mariños ás 17.30 horas na Uned de Foz, e xa o sábado ás 16.00 horas será a recepción de participantes e preparación de equipos de mergullo
Acto seguido será a charla previa e protocolo de seguridade e despois a entrada á auga por grupos. Xa ás 19:30 horas darase a clasificación e cuantificación dos residuos recolleitos.
As actuacións previstas son a recollida de residuos mariños no fondo da zona portuaria; a clasificación, cuantificación e retirada dos residuos extraídos nos contedores dispostos polo Concello de Foz na zona de actuación.
Nesta actividade participarán mergulladores con titulación mínima requirida de OWD ou B1E, voluntarios para o apoio de terra, voluntarios para os protocolos de seguridade e embarcacións de apoio.