O sábado 26 volve o Mercado de Primavera do Valadouro

AMariñaXa
O sábado 26 de marzo o Concello de Valadouro celebrará como é tradicional o seu Mercado de Primavera. Aínda non está pechado o programa
mercado de primavera 2022 valadouro
28 Feb 2022

O sábado 26 de marzo o Concello de Valadouro celebrará como é tradicional o seu  Mercado de Primavera no que ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais, a hostalería da vila ofrece nesa fin de semana unha xornada gastronómica adicada ao tapeo.

Conferencias e coloquios adoitan completar a programación desta feira, que polo momento non está pechada, así como, actividades para os nenos, roteiros, mostras, e un desfile de zocas.

0.090350151062012