O sábado 24 de xuño chega a Lourenzá a IV Festa Campesiña

AMariñaXa
O sábado 24 de xuño chega a Lourenzá a IV Festa Campesiña, que se celebrará no Campo dos Bolos e contará con xogos, obradoiros e artesanía.
IV campesina lourenza 2023
10 Jun 2023

O sábado 24 de xuño chega a Lourenzá a IV Festa Campesiña, que se celebrará no Campo dos Bolos e contará con xogos, obradoiros e artesanía.

As actividades empezarán ás 11 da mañá coa apertura dos stands de artesanía e alimentación. Ás 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío Zafiro. Ás 14.00 horas comezará o xantar campesiño, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), no que servirán empanadas, tortillas, ovos fritidos e torreznos, entre outros produtos. Ás 19.00 horas actuará o grupo Acordeóns da Mariña e ás 21.00 horas o fin de festa correrá a cargo do trío Zafiro.

Durante a xornada haberá actuacións da Asociación Osorio Gutiérrez e de Gaitas de Tovar. E desenvolveranse xogos tradicionais e infantís, a cargo do Recuncho das Argalladas e da ANPA do CEIP Juan Rey. Tamén se poderá ver unha exposición de apeiros de labranza e actividades agrícolas, organizada pola asociación Vespafaba & Clásicos.

E o evento rematará cunha queimada popular, que fará a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá.

0.16811609268188